Sexto día. Primeiro día en Nova Yorke.
A viaxe en Autocar ten unha duración de 4 horas, máis o atasco de saída de Washington e de entrada á Gran Mazá. Total 5 horas. Pásase cerca de Baltimore, o cal se pode divisar. Philadelphia é a seguinte cidade en pasar, pero queda a 40 kilómetros da autoruta, po-lo que non se pode ver nin de coña. Ademáis, as autorutas americanas teñen árbores a cada lado, o que dificulta a visión máis aló da estrada. Chegada a Nova Yorke po-lo túnel Lincoln. A visión da cidade é impresionante (non hai fotos porque o bus movíase demasiado). A estación de buses é a mesma rúa 33 de Manhattan, xusto o lado do Madison Square Garden. Collín un Taxi, e chegada ó meu Hostel na rúa 88 oeste. O lugar estaba ben, inda que fose bastante bello, pero a xente é xoven e está nun barrio tranquilo. O principio pensaba que non estaba ben ubicado, pero finalmente comprobei que non estaba nada mal. Xusto o lado do metro da rúa 86, o ladiño de Central Park, e a poucos minutos do centro de Manhattan.

Despois de colocar as miñas cousas non puiden esperar máis e saín a ver un pouco a cidade, a ver se atopaba algún gran almacén pra mercar roupa e zapatillas deportivas de marca. Saida do metro na rúa 34 e primeira visión do Empire State Building. Merquei unhas Nike por 42 euros, e unhas camisetas. Nada puiden facer cos pantalón baqueiros, imposibles de atopar. Primeira impresión da cidade: moitísima xente, moitos coches, de tódo-los tipos, e incribles e enormes edificios. Volta para o Hostel e a durmir.
Séptimo día. Primeira visita a Times Square, e atópome en directo co programa de "Good Morning América", da canle ABC, que cumpría 30 anos. Paseis diante do plató, que estaba en plena rúa e por detrás de dúas filas de persoas fago o posibel por saudar e sair na televisión yanki (misión cumprida, víronme millóns de persoas face-lo txalao).

Logo de visitar Gran Central Terminal (A máis grande estación de Tren de Nova Yorke), púxenme en camiño cara o Empire State Building, onde subir ata o seu 89 andar custa 14 dólares. Moita xente dí que tárdase en subir preto de 1 hora e media, pero non atopei case xente nas colas, así que non foron máis de 10 minutos (incríbel). O ascensor tardou en subir ata ó mirador 1 minuto exactamente. Ó chegaren ó mirador lévome un pouco de desilusión, porque non é parecido a como se pode ver nas películas (inda que digan que é o Empire State Building, case que nunca o é). A vista é espectacular. O día era case claro, e podíase ver tanto Manhattan coma Brooklyn, Queens, The Bronx e Harlem. O bó de subir é que pódeste quedar alí enriba todo o tempo que queiras, sen limitacións.


Despois andiben po-la Gran Mazá ata a rúa 64 onde está o Lincoln Center. Alí atópase a Ópera Metropolitana e a Ópera de Nova Yorke, entre outros. Logo, de camiño ó Museo Metropolitano, metinme por Central Park, e puiden observar o tremendo que é o parque e a xenten que alí se atopa, patinadores, corredores, xente cos seus nenos, e algún que outro txalao que non intentei coñecer, ja, ja. Paradiña pra xantar e chegada ó Museo. A entrada é case que gratuita, non teñen un prezo fixo, pero teñen unha suxerencia de doazón que rolda os 14 dólares. Como bó Gz só din 4 dólares, que xa me pareceu máis que suficiente. Moitas cousas que ver, inda que eu funme directamente para a zoa de Exipto, onde puiden ver algunhas das figuras máis coñecidas e estudiadas en clase do Yeti, Os Escribáns, o lapislázuli, e algunha que outra momia. Logo visión da arte da Idade Media. Despois visita á exposición de Santiago Calatrava (sí, sí, a arquitectura española está de moda). E case que pra finalizar visita á exposición itinerante de Van Gogh. O máis anecdótico desde Museo Metropolitano é que teñen nunha gran sala un Templo Exipcio enteiriño, e noutra un Claustro Románico Español (de León pra máis datos) enteiriño tamén. Isto demostra o expolio que sufriu o antigo mundo por culpa dos yankis (mira que custa levar todo iso para alí).

Volta ó Hostel e a descansar para ó día seguinte.
Continuará......