webgz. txalaos do revolt

13.3.10

Porra-liguiña Fórmula 1. Año VI. Seleccións participantes.

Xa está en marcha, e pra que non haxa trampas, nin pufos, nin irregularidades que tanto comentades, vou expoñer de seguido as seleccións que nos foron achegadas.
Despois comentarei algún detalle máis das regras a seguir.

SELECCIÓNS E PARTICIPANTES


Outras cousas:

As equipas participantes pra cada carreira podédesmas achegar por correio electrónico (a miña conta ou a dos gezetas), por mensaxe ou "de boquilla". Eu pra tódalas carreiras, achegarei a miña equipa a algún dos participantes (como xa veño facendo ate o de agora), pra que non empecemos xá a pensar en tongos.

Somentes se poderá trocar a selección de cada quén unha vez en todo o campionato. Cada participante elixirá cando facelo (darase cumprida nota informativa nesta páxina). Poderá facer os cambios que cadaquén estime (por exemplo, unha escudería, unha escudería e dous pilotos, catro pilotos...).
A este respecto haberá unha excepción, e somentes unha, sempre e cando as dúas escuderías dalgún dos grupos, ou os dous pilotos dalgún dos grupos que o participante escollera se retiren da competicición. A modo de exemplo, se alguén tivera no grupo laranxa a Rosberg e Weber, e ambos se retiraran do campionato, éste participante podería escoller dous novos pilotos. O mesmo se alguén tivera no grupo verde a HRT e Virgin, e as dúas escuderías abandonasen o campionato. No resto dos posibles abandonos, non se poderá facer cambio algún a no ser que cadaquén utilice o seu único cambio anual. Coido que queda bem clariño.

Dado que este ano os puntos en cada carreira poden ser elevados, no caso de que algún dos participantes non achegue a súa equipa a tempo (lembrade, ate unha hora antes do comezo da carreira), automáticamente asignaráselle a equipa do gran premio anterior, senón este participante quedará descolgado. Esperemos que esto non sirva pra que algún de vós deixe a porra da primeira carreira pra todo o campionato. Podédela deixar, pero facedeo por que queirades manter a vosa equipa, non por esquecemento ou escusitas varias.

No campeonato habera tres clasificacións: por pilotos, por escuderías e clasificación total (a suma das dúas).

O domingo ou o luns despois de cada gran premio tentarei ir colgando os resultados pra que poidades facer un seguimento.

Penso que esto é todo.
Graciñas por participar e sorte a tod@s.
Éste ano promete.
PD: O domingo a notiña, primeiras clasificacións