1º campionato gz de fubolo
Boas, compañeiros gezetas.
Xa está en marcha o 1º campionato gz de fubolo.
Pois si. GZ_miska e GZ_jaionintzen despois de moita leria e alguna que outra “penúltima” copa máis, decidiron crear o primeiro torneo “Vagalume” deste deporte que conta con moitos siareiros nas filas dos gezetas.
O campeonato ten previsto levarse a cabo no derradeiro fin de semana (30 de nadal) deste ano que está a rematar.
Se estás interesado en participar, so tes que mandar un correio ó noso email antes do 06 de nadal ou comunicalo, antes desta data, a gz_miska ou gz_jaionintzen. Despois, deberás estar atento a esta páxina.
Cando sepamos o número de participantes, informaremos dende eiquí de todo o que concerne ó campeonato: calendario previsto, parellas realizadas e a súa forma de levalas a cabo, cuota de inscripción, clasificacións finais, premios e ate o regulamento.
Máis nada polo de agora. Irei actualizando a páxina cos participantes que se vaian sumando a esta iniciativa. Ate este intre, estos son os participantes inscritos (1 parella e 5 participantes máis):
- GZ_miska
- GZ_jaionintzen
- GZ_tonino
- GZ_lolailo
- AZ_quñao & GZ_sister_AZ
- GZ_pastor
- procuratorwoman_GZ
- mullerqurruta_GZ
- GZ_químico
- GZ_qurruto
- muller_geceeta
- GZ_oki

