webgz. txalaos do revolt

31.10.06

Nova rede en ciernes

Os gezetas venimos tramando dende fai unhas semanas a realización dunha nova rede. ¿Cal será a sede?, ¿qué días?, ¿quén virá?, ¿a qué viciaremos? son preguntas que andan pululando polas mentes gezetianas e que inda non teñen cumprida resposta. De ahí a nova que estades a leer.
Eu propoño e vos dispoñedes:
As mellores datas parece que son na ponte de decembro. De mércores a domingo deberiamos coller un par de días que a todos nos vaian bem. Máis días, máis vicio. Espero opinións dos futuros participantes.
Calquer persoeir@ que se traia o seu gezetatrón será bem recibido. Eso sí, aquel/a que queira participar deberá facerse unha conta de gezeta nesta, a nosa páxina, se é que non a ten feita xa, antes do comezo da rede. Esixencias do guión.
Vigo parece a sede máis favorabel pra tod@s . As opcións de Vilaboa e Santiago perden folgos pouco a pouco.
Revolt, batallitas, fifa 07, postúlanse como xogos estrelas da nosa party. E ademáis, novo rede, novo xogo: Miniracing. Este xogo coñecido recientemente por parte dos nosos integrantes, parece un vicio ideal. Carreiras de coches con vista aérea na que as estratexias e os axustes de cada carreira poden pesar moito pra dilucidar o vencedor final. Practicas, clasificación e carreira, foro de discusión, e incluso a posibilidade de subir tempos á páxina do xogo pra seguir as evolucións de cada quen nunha clasificación virtual. Ós gezetas máis veteranos traenos lembranzas da vella zone e do máis recente spy. Sabemos que é un xogo recomendabel pero tamén sabemos que nunca poderá chegar as cotas do revolt. Se queredes comezar a viciar e estar en forma pra xuntanza deberiades clikar akí e descargarvos o xogo co pack de pistas de Fórmula 1.
Na máis. Estades tod@s avisados. Canto antes sepamos os participantes e a qué queredes viciar, antes poderemos planifica-la rede e organizar grupos e diversas puntuacións pros diversos xogos co gallo de conquerir unha clasificación final de vicio dos gezetas.

26.10.06

Porra Fórmula 1. Ano II. O desenlace

Concluíu a nosa porra. GZ_lolailo foi o gran vencedor. Ate lle sobrou un podio completo. Él foi o que máis puntos acadou (lóxicamente), o máis constante, o que máis veces estivo en cabeza... É dicer, ninguén lle tusíu na orella.
Ó igual que o ano pasado houbo un empate na segunda plaza. GZ_miska e a muller_geceeta conqueriron unha honrosa segunda posición. De ahí ate o último, gz_oki, gz_guais e gz_jaionintzen, deixaron o derradeiro lugar ó campión destronado do ano pasado, o gz_pastor, que este ano pasou pola porra con máis pena que gloria.

GZ_lolailo campión!!!

de principio a fin

Noraboa GZ_lolailo. Xa sabes que se un gz gaña, gañamos tod@s. Como recoñecemento o teu triunfo, os gzs comprometémonos a invitarche a un areucas con pepsi no lar dos gezetas, o Vagalume.

Facendo resume da competición, expoño o máis sobresaínte:
Aspectos Xerais:

- As porras máis utilizadas foron M. Schumacher, Alonso, Massa (13 veces), e M. Schumacher, Alonso, Raikkonen (12 veces)

- As carreiras con máis acertos foron San Marino e Gran Bretaña (12 puntos). Pola contra, as que menos acertos tiveron foron Mónaco e Hungría (1 punto).

- Por pistas e acertos:
o As pistas nas que atinamos máis e menos victorias foron as que seguen:
§ San Marino, Canadá, Iankilandia e Francia (6 de 7 participantes)
§ Hungría e Xapón (0 patatero)
o As pistas con máis e menos segundos postos pronosticados correctamente foron:
§ San Marino e Gran Bretaña (5)
§ Mónaco, China e Italia (0)
o As pistas con máis e menos terceiros:
§ Gran Bretaña (3)
§ Australia, Mónaco, Iankilandia, Hungría, Turkía, Italia, Brasil (0)

- As mellores carreiras foron Gran Bretaña (12 puntos e 3 plenos) e San Marino (12 puntos e 1 pleno)

- As peores pistas foron Hungría e Mónaco con un so punto en cada unha delas.

- Non se deu ningunha carreira sen acertos.

- Houbo 10 plenos en 7 circuitos distintos (San Marino, Europa, Espanha, Gran Bretaña(3), Canadá(2), Francia, Alemaña)

- Os pilotos máis utilizados foron M.Schumacher (95 veces sobre 111), Alonso (81) e Raikkonen (65). Heidfild, Kubica e Trulli foron escollidos nunha ocasión.

- GZ_miska e GZ_jaionintzen enviaron tódalas súas porras a tempo. Polo contrario, a GZ_guais en 6 ocasiones foiselle a chabeta. A resaca é o que ten.

- Tódolos participantes conqueriron, alo menos unha vez, un pleno.

- M.Schumacher foi o piloto que máis puntos deu ós participantes (43), seguido de Alonso (34) e Massa (11). Individualmente, M.Schumacher foi o que máis axudou a tódolos participantes agás á muller_geceeeta que conqueriu máis puntos con Alonso.

- Ninguén atinou coa victoria de Button en Hungría (¿quén o ía predecir?).

Clasificacións alternativas:

- Se a porra consistira en adiviñar os pilotos do podio sen importar o posto, a clasificación cambiaría:
1.GZ_lolailo: 33
1.GZ_oki: 33
3.muller_geceeta: 31
4.GZ_miska: 30
5.GZ_guais: 29
6.GZ_pastor: 28
7.GZ_jaionintzen: 23

- En cambio, se a cada posto acertado lle asignamos puntuacións diferentes (3, 2 e 1 punto) a clasificación sufriría poucas variacións:
1.GZ_lolailo: 47
2.GZ_miska: 41
3.muller_geceeta: 40
4.GZ_oki: 34
5.GZ_guais: 30
6.GZ_jaionintzen: 29
7.GZ_pastor: 25

- Ademáis se as porras fora de tempo ou as non enviadas non se lles asignara a porra anterior, é decir que non pudiera participar nesa carreira, algo pasaría tamén:
1.GZ_lolailo: 17
1.GZ_miska: 17
3.muller_geceeta: 16
4.GZ_oki: 14
5.GZ_jaionintzen: 12
6.GZ_pastor: 9
7.GZ_guais: 3

Resumo da actuación de cada porreiro:

GZ_LOLAILO

Con clase. O mellor con diferencia. Puntuou en 13 das 16 carreiras e obtivo 2 plenos (Espanha e Gran Bretaña). Estivo en cabeza na clasificación provisional en 15 carreiras. Atinou en 10 victorias, 7 segundos postos e 3 terceiros. A súa porra preferida foi M.Schumacher, Alonso, Raikkonen repetíndoa en 4 carreiras que lle otorgaron 6 puntos. Soamente M.Schumacher, Alonso e Raikkonen podían gañar a carreira para lolailo. Tamén pronosticou 6 das 7 victorias de M.Schumacher e 4 das 6 de Alonso. Clavou o sitio exacto no podio en 8 ocasións de 12 de Alonso, e en 8 de 11 de M.Schumacher. Foi o único ó que Massa non lle deu ningún punto, pero pillou 2 puntos dos 4 posibles de Fisichella. Coincidiu na porra con todos algunha vez agas con GZ_jaionintzen.

Corredores utilizados: M.Schumacher (15), Alonso (15), Raikkonen (11), Massa (4), Fisichella (2) e Button (1).

Puntos obtidos: Alonso (8), M.Schumacher (8), Raikkonen (2) e Fisichella (2).

GZ_MISKA

Notabel. Sempre estivo arriba da clasificación en dura pugna coa muller_gecceta. Puntuou en 10 carreiras e obtivo 1 pleno en Canadá. Atinou en 6 das 7 victorias de M.Schumacher. Con todos coincidiu na porras agás con GZ_jaionintzen. M.Schumacher foi o piloto que máis puntos lle deu (8). As porras máis utilizadas foron M.Schumacher, Alonso, Massa e M.Schumacher, Alonso, Raikkonen. Fixo ata 14 porras distintas. Foi o único que apostou por Trulli nalgunha carreira.

Corredores utilizados: M.Schumacher (14), Alonso (14), Raikkonen (7), Massa (6), Fisichella (2), Montoya (2), Button (1), De la Rosa (1) e Trulli (1).

Puntos obtidos: M.Schumacher (8), Alonso (6), Massa (1), Raikkonen (1) e Fisichella (1).

MULLER_GECEETA

Notabel. Case sempre a par co gz_miska. Obtivo puntos en 11 carreiras incluíndo 2 plenos (Gran Bretaña, San Marino). Estivo unha xornada en cabeza. A súa mellor racha de colleita de puntos foron 3 carreiras seguidas. Atinou en 4 das 6 victorias de Alonso. Ate 6 pilotos deronlle puntos, incluíndo Montoya que somentes lle deu puntos a ela. Coincidiu con todos algunha vez menos con GZ_jaionintzen. A súa elección preferida foi M.Schumacher, Alonso, Massa. So ela apostou por Kubica nunha ocasión.

Corredores utilizados: Alonso (15), M.Schumacher (11), Massa (9), Raikkonen (4), Fisichella (4), Montoya (2), Button (1), De la Rosa (1) e Kubica (1).

Puntos obtidos: Alonso (7), M.Schumacher (6), Massa (1), Raikkonen (1), Fisichella (1) e Montoya (1).

GZ_OKI

Correito. 10 carreiras deronlle puntos con un pleno no GP de Europa. Foi 2 veces lider compartido e 1 en solitario ó comezo da porra. Tivo un baixón na metade da competición que o alonxou da cabeza. A ekipa predilecta foi M.Schumacher, Massa, Alonso. Coincidiu coa porra de todos algunha vez agás a de GZ_jaionintzen. O mellor que tivo é que atinou 6 veces co podio completo pero en diferente orde.

Corredores utilizados: M.Schumacher (15), Alonso (12), Raikkonen (10), Massa (9) e Button (2).

Puntos obtidos por: Alonso (5), M.Schumacher (6), Massa (2) e Raikkonen (1).

GZ_GUAIS

Deixado. Ate 6 veces sen mandar a porra. Esto fixo que Alonso, M.Schumacher, Raikkonen fora a súa porra máis utilizada (6 veces). Estivo 5 carreiras seguidas sen puntuar, pero por contra, puntuou en 6 carreiras consecutivas pra facer un total de 8 carreiras con puntos incluindo 2 plenos en Gran Bretaña e Canadá. Un só punto nas ultimas 8 carreiras deixouno fora dos postos de privilexio. Atinou en 4 das 5 victorias de Alonso. Somentes utilizou a 5 pilotos.

Corredores utilizados: M.Schumacher (14), Alonso (12), Raikkonen (12), Massa (6) e De la Rosa (1).

Puntos obtidos por: Alonso (5), M.Schumacher (5), Raikkonen (2) e Massa (1).

GZ_JAIONINTZEN

Frouxo. Puntos en 9 carreiras cun pleno en Alemaña. Adiviñou 6 das 7 victorias de M.Schumacher. Somentes coincidiu nunha vez con algunha outra porra (GZ_guais en Brasil). Foi o único que atinou co podio que fixo De la Rosa. En 12 carreiras M.Schumacher foi o elixido pra gañala. Á su vez, foi o único en arriscar con Button para unha victoria. Alonso non lle deu ningún punto, máis que nada por que non o puso nunca (que lle dean). A porra preferida foi M.Schumacher, Massa, Raikkonen. Foi o participante que máis corredores utilizou (10), e só el apostou por Weber e Heidfild nalgunha ocasión (¿pra qué?).

Corredores utilizados: M.Schumacher (16), Raikkonen (12), Massa (8), De la Rosa (3), Fisichella (2), Button (2), Weber (2), Montoya (1), Heidfild (1) e Barrichello (1).

Puntos obtidos por: M.Schumacher (6), Massa (3) Raikkonen (1) e De la Rosa (1).

GZ_PASTOR

Demisión. Con pufos ou sen pufos de por medio non estivo a altura que se lle preveía ó anterior campión. Non puntuou en 10 carreiras de 16 (sen comentarios) pero atinuo cun pleno en Francia. Colleu unha das 2 victorias que acadou Massa, e, debido a todo o anterior, a súa porra nunca seguiu un patrón definido. Pechou a clasificación provisional en 13 das 16 xornadas. Pobre bagaxe. Segue así.

Corredores utilizados: Alonso (13), M.Schumacher (10), Raikkonen (9), Massa (5), Montoya (3), Button (3), De la Rosa (2), Barrichello (2) e Fisichella (1).

Puntos obtidos por: M.Schumacher (4), Alonso (3) e Massa (3).


Non queda máis que agradecer a tod@s a vosa participación, especialmente a gz_miska e gz_jaionintzen por mandar correitamente e dentro do tempo as 16 porras. Non valen excusitas.

Emplazovos ó proximo ano e dende agora podedes mandar as vosas suxerencias de cambios de regras, premios a otorgar e o que vos pete.

Por último deciros que con vós e gracias a vós, a páxina segue viva.

Porra Fórmula 1. Ano II. Actualizado Gran premio do Brasil

Xa chegou.
Dúas carreiras despois do comezo do campionato, pra quentar motores, volta a porra máis esperada entre os gezetas.
As regras son sinxelas: pronosticar o podium de cada carreira. Por cada posto acertado conqueriras un punto, ate un máximo de tres (lóxicamente) por carreira.
Este ano se presenta máis interesante debido as posibilidades de varios pilotos en conseguir victorias nos grandes premios. Pilotos coma Michael Schumacher, Alonso, Raikkonen, Fisichella, Montoya, Massa, Button, Barrichello, Trulli ou Webber prometen unha tempada moi competida.
GZ_pastor sae como rival a batir do ano pasado. Este ano non lle será tan doado.
O que queira participar so ten que achegarnos a sua porra a algún dos gezetas. ou o noso correo, al menos con 2 horas de antelación á saída da carreira. Subiremos ós comentarios desta nova as porras que nos cheguen pra cada campionato. Despois de cada carreira daremos a puntuación acadada por cada participante e actualizaremos a clasificación xeral.
Xa sabedes que o único premio será recibir a máis fervente noraboa do resto dos participantes. Máis adiante pensaremos noutro tipo de agasallo.
Sorte a todos e animádevos a participar.

20.10.06

Concertos de Outubro (Ben Harper e Bruce Springsteen)

Dous concertos dous

Este mes de outubro ven sendo un mes con moi bos concertos, po-lo menos na cidade de Madrid. O día 5 foi o momento de "Ben Harper and the Innocent Criminals" no Palacio dos Deportes de Madrid, e o 19 o de "Bruce Springsteen and the Seeger Sessions Band" na Praza de Toros das Ventas. Dous concertos que cadanseu tivo momentos moi espectaculares, e esta é a súa crónica.

Ben Harper

Gracias outra vez, e espero que no sexa a última, ós que me facilitan as entradas para asistir a concertos, e se se pode invitar a algún amigo, pois millos que millor. Desta vez foi agraciado o GZ_guais, quen veu ata Madrid con moitas ganas.

O concerto foi espectacular. Como teloeiros "Ojos de Brujo", os cales non estiveron mal, inda que non había un gran ambiente (a xente esperou ata o comezo de Ben Harper pra entrar no Palacio dos Deportes). "Benito" como foi apodado po-los asistentes escomenzou con forza tocando cancións coma Both Sides Of The Gun ou Burn One Down, continuando con outras célebres coma Diamonds On The Inside e rematando coa mítica With My Own Two Hands / War. Ata eiquí o concerto era moi movidiño.









Os membros da Banda fóronse e cando voltaron pra tocar os bises soamente apareceu "Benito", o cal, en plan totalmente intimista, deleitounos con 4 cancións sentado nunha cadeira tapada cunha mantiña (a máis coñecida foi Well Well Well).Ó final, e pra rematar o espectáculo, a mítica Better Way, no intre no que as luces do Palacio dos Deportes escomenzaron a encenderse.Mítico concerto, do que, pra ser sinceiros, non coñecía case que ningunha canción, pero que me agradou sobradamente.


Bruce Springsteen

Desta vez, tamén asistín gratuitamente, inda que desta vez non foi gracias os contactos que teño no traballo, senon a un amigo que non puido asistir (Graciñas Paquito).

Non teño verbas pra expresar o que vivín e o que sentín no concerto deste mítico e incombustibel Boss. Nada máis dicir que, inda que pra moitas persoas, o seu último disco non vaia moito a pena, pra mín significa un gran disco, do cal, ata o día do concerto, non coñecía nada máis que unha canción.

Inda que o concerto tiña como motivo o último disco We shall overcome, tamén se adicou a versionar antigas cancións, coma Atlantic City, ou a mítica Open all night, do seu álbume Nebraska.

O concerto tivo momentos pra rir, co seu peculiar coñecemento do Castelán, o cal non o fala nada mal. E momentos pra erguerse dos asentos e bailar e batir palmas, coma cando xa no final do concerto, e mentras ía despedindo á súa banda, tocaban a máis que incrible Pay Me My Money Down.
Coma non teño verbas pra relatar o resto, espero que as fotos sexan representativas, inda que a oscuridade non é moi boa compañeira pra que saian ben.

Unha aperta a todos e espérobos en novos concertos.