webgz. txalaos do revolt

25.7.06

Concertos en Madrid

Xa habiamos dito que en galego non hai tempos compostos, je, je. Pero pódense facer concertos compostos, coma por exemplo ós que fun neste mes de xullo na Praza de Toros das Ventas (de valde, gracias Espe...).

Primeiro foi o concerto de Savia e Mago de öz, no que os asistentes disfrutaron das cancións do novo disco de Savia, e tamén das míticas e máis novas cancións de Mago de öz. Á semana seguinte foron os concertos de El Canto del Loco, non só un nin dous senon tres concertos seguidos no mesmo lugar e á mesma hora, martes, mércores e xoves. A miña entrada foi para o derradeiro concerto (de valde, gracias Espe...). Unha enchenta de rapazas foron ve-lo. A maioría menores de idade, certo é, pero tamén había algún/ha cuarentón/a, ja, ja, ja.

A música enche a alma, e por iso os concertos compostos pódense compaxinar, sobor de todo se son de valde (gracias Espe...).


P.D.: Pendente está se atopo entradas para ó concerto de Sabina en setembro e do Boss en outubro, na Praza de Toros das Ventas.

P.D.2: Problemas coa rede impiden insertar as fotos. Seguro que a están esgotando na megasuper rede de Valencia.

18.7.06

Hoy amaneció

Benqueridos GZs e resto dos mortais: compráceme anunciar que xa está dispoñible na rede a grande actuación que tivo lugar o pasado 4 de Marzo na igrexa de San Salvador de Coruxo con motivo da miña voda coa muller GZ.

Isto é unha homenaxe para todos os que o fixeron posible. Vai por eles!

7.7.06

Concertazo en Turquía

Seica o Lolailo tiña razón. Anímase a tempada de concertos. Hoxe acaba de salta-la sorpresa. Está case confirmado ó 100% que o próximo 22 de Septembro actuará no Coliseum o grandísimo Paco de Lucía.
A nova empresa de contratacións musicais do grupo Corporación Caixa Galicia (grupo que antes posuía o 100% de SoftGay e que agora vendeunos como a cans) trae a Galicia a este mostruo despois de 13 anos de ausencia dos nosos escearios.

Erdian, vai aforrando, porque ainda que custe 100€ alí estaremos. A facer peto!!!

¿Virá Bryan Adams para cantar con él? :-D


5.7.06

Ortigueira 2006

Este Venres 7 de Xullo comeza o festival de Ortigueira deste ano. E os GZs estarán de novo alí para disfrutalo.

Por fin este ano semella que coñeceremos ó gran Españadero e poderemos durmir un pouco máis se pillamos sitio no pinar, lonxe dos pastilleiros de merda.

A representación este ano podería ser máis numerosa que o ano pasado. Repetimos o Erdian, o GZ_Pastor e máis eu. A este selecto grupo únenselle este ano a muller GZ, o GZ_guais, e esperamos que a Perra Miska (estará na súa salsa cos miles de cadelos que por alí pululan). Esperamos contar tamén este ano cos meus primos Ádega e Jose (levaremos kalimotxo dabondo para todos). A última hora semella que os Procuradores tamén poderían facer acto de presencia.

Todo semella indicar que este ano a noite grande será o Domingo pero xa non estaremos alí para contala. A pesar diso, seguro que o pasaremos moi ben disfrutando de boa música e mellor compaña.

4.7.06

Nova etapa de concertos

Como non pode ser doutra maneira, escomeza a tempada de concertos en toda a xeografía española. En Madrid, po-lo que me toca, fai dúas findes, foi o Metrorock. Non houbo representación GZ, pero entradas había, e que foron aproveitadas por algunha que outra rapaza destes lares.

E agora, o próximo día 6 de xullo, sí haberá representación GZ no concerto que darán na Praza de Toros das Ventas, os Grupos Savia e Mago de Oz. Esperemos sexa unha gran velada chea de moitos saltos e moita cervexa.

En próximas datas haberá probas fotográficas do evento.

Unha aperta.