Si señor. Inda que case que todos o saibades xa, se casa un gezeta.
Poderiamos chamalo gezetorrio ou bodarriazo, pero o que é seguro e que vai ser unha festa por tódolo alto, comezando pola despedida de solteiro da que falarei máis adiante.
GZ_oki é o elexido. Este home con semblante serio, formal, educado e responsabel, é o primeiro en caer dos gezetas a unha nova vida extrema. Coido que o primeiro pensamento de todos nos ó enterarnos foi decir "
uokssssss!!!". Podería decirse que saltou a sorpresa entre as diversas porras bodorriales que se baraxeaban. Esto non entraba nas prediccións de ninguén. Quen o ía pensar; un informático txalao que non pensa máis que no revolt e que inda non ten carnét de conducir e unha carceleira en ciernes a espera de conquerir a porra, o uniforme e sobor de todo as esposas. Que presión oki, vala desposar sen ter esposas (¿
incongruencia ou serán as esposas da vida?).
O fatal ou feliz acontecemento terá lugar no
4 de marzal do ano que ven, e alí estaremos pra facer unha boa reportaxe, se e que a barra libre nolo permite.
O sitio escollido será nunha capilliña de Coruxo (preto da casa da noiva por iso de que non teña excusa pra chegares tarde) e a gran enchenta terá lugar en Redondela, nun antiguo convento (franciscano, mariano, salesiano ou gezetiano eso inda está por corroborar).
Entre as diversas ideas que se deron surxiu a de que a noiva apareza nun toyeca, a de que entre as arras estea o anel de poder, a de que vaian de lúa de mel en avión no vó 815 da compañía Oceanic, ou a de que o vals nupcial o toque algún dos compoñentes do G3. Parece algo inverosímil pero non descartamos ningunha (sorpresas te da a vida e de ilusións tamén se vive).
Os gezetas estamos de noraboa porque vai entrar a formar parte legalmente a primeira muller_gz, e xa sabemos que entre os gezetas o compartimos todo (
sen pikes oki, esto está ben clariño no testamento gz).
Antes do enlace, terá lugar a despedida de oki da que xa se planteou unha data en principio. O
17-18 de decembro. Acéptase calquera tipo de suxerencia ou opinión de qué facer e de cómo facelo. O lugar inda está por concretar. Esperemos que todos os que esteades invitados asistades a non ser causa de forza maior, non vale calquera "
excusita". Nos comentarios podedes opinar sobre a data elexida e confirmar asistencia.
Dende aquí non me queda máis que felicitalos de novo. Vaia bem, vosotros veredes.
Deixovos unhas fotos da feliz parella.

a parella anunciando o acontecemento

a parella vendo no que lles vai sair a
broma