webgz. txalaos do revolt

25.4.05

planning de viaxe ó viñarock 2005

xa temos feita a planificación da viaxe que emprenderemos este xoves a terras castelana-manchegas

  1. 11:00h: GZ_Oki sae do "aeroporto" de turquía cara a madrid, cargando tan só cun saco de durmir, unha esterilla e unha mochila ben pequena, todo isto metido nunha bolsa máis grande. facturación e carretera

  2. 12:00h: Oki chega a madrid á mesma hora que saen de vigo GZ_jaionintzen e o Qñao cargando con 3 tendas de campaña, neveira, camping gas, sacos, mochilas, esterillas, tarteira, sartén e a madre do cordeiro. facturación con sorte e carretera

  3. 13:00h: se Oki non se perdeu polo aeroporto irá a recoller a Erdian e ó Qñao (se é que o avión pode finalmente aterrar con ese peso). unha vez xuntos os tres, quedarán con GZ_lolailo que sairá de "traballar" para comeren os 4. uniranse á comida 2 uruguaios e un licenciado en historia do arte (vaia panorama)

  4. 14:30h: comida de intercambio cultural

  5. 16:00h: saida turística a un gadis, carrefour ou garito de chinos para merca-la comida para levar ó camping. se cadra tamén algo de bebida

  6. 17:30h: recollida do coche de todo a 100 que lolailo reservou. o conductor será o propio lolailo. esperamos chegar con vida. non vos preocupedes, os gzs chamarán ás súas familias nada máis chegar a villarrobledo para que estean tranquilas.

  7. 18:15h: saída cara a albacete. que deus nos pille confesados. se o cacharro que alquilou lolailo consigue sequera arrancar xa será un triunfo. coa de peso que traen erdian e o Qñao iremos a dúas rodas todo o camiño

  8. 20:00h: chegada a villarrobledo

  9. 21:00h: clinic de jorge salán y leo jiménez, guitarrista de saratoga. poderemos preguntarlles o que queiramos e deleitarnos coa súa mestría á guitarra

  10. 22:30h: montaxe das tendas. tarefa para erdian. o resto tomarémonos algo por villarrobledo jejejeje

  11. 23:15h: hora da cea. confiamos en Erdian. esa tortilla paisana!!!! e se non, haberá que mercar txistorra a esgalla

  12. 00:00h: hora da carallada. café concerto dos GZs

este é, a grosso modo, a planificación do primeiro día. os seguintes xa serán un misterio. pero non será moito sospeitar que haberá moito moito rock e risas. seguiremos informando

1.4.05

pros amantes da boa música. colabora

mentras comeza a correr pola nosa sangue o espíritu do viñarock, e víctimas da nosa necesidade de vivir rodeados de boa música, os gezetas necesitamos da tua colaboura pra recopilar e reunir nun dvd, os mellores videos musicais dos 80 e 90.

os gezetas, por iniciativa do que suscribe, decidimos intentar elaborar un dvd cos mellores videos musicais das épocas que marcaron as nosas vidas, os anos 80 e os 90.
necesitamos a vosa colaboura pra levar a cabo esta gran empresa.
queremos que nos mandedes emails propoñendo os vosos candidatos a entrar nesta colección irrepetibel. poden ser os que máis vos marcaron, os que máis vos gustaron, os que máis innovaron ou os que simplemente creedes que teñen que estar, inda que non vos guste a canción ou o video en sí.
mandadenos todos os emails que queirades a nosa dirección gezetas@gmail.com. non sexades vagos e perdede cinco minutiños do voso tempo do lecer en pensar un pouco as primeiras imaxes que te veñan a cabeza, e mándade as vosas eleccións. habera recompensa!!!
con todas as peticións recibidas, nun encontro no noso lugar de reunión habitual, o vagalume, faremos a selección dos escollidos de entre os máis votados.
regalaremos 5 dvd´s cos videos seleccionados. un deles ira para aquel/a de vos que máis coincida a súa elección coa selección final do dvd. os catro restantes sortearemolos entre todos os emails recibidos.
animadevos que non vos custa un carallo. se esta páxina sigue en pé non é gracias a vos e a vosa participación precisamente, así que movede o cú. un chisco de tempo pensando e mandar un correo non lle vai facer suar a nadie, a non ser que non sepades mandar emails, jajajajaja.
o que suscribe deixa exposta unha elección que coido estará no grupo dos escollidos, sen ánimo de ser nada subxetivo..
aburiño e sorte a todos.

pd: este artigo non pode rematar sen unha sinceira lembranza pro gurú dos TDT falecido recentemente. joaquin luqui, un tdt coma eu dedicache esta nova. hola, hola, hola. se feliz, happy, happy.

este mítico vídeo non pode faltar. mj sempre