webgz. txalaos do revolt

23.3.10

Exposición Michael Jackson

:pointer; cursor:hand;width: 320px; height: 260px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiV5s7LRheZVwEmazkfaASM0H1OrK_zsRbOEUkizxwhPGHqR5uUsUe13Iz5vdgBVH3m8AmTdpRtb0HiFdTOe1PEnNGdoWO-zsh-eNO7yn04A36lbeR-E6oZNESWUwewVIe6XHWj/s320/Beat+It.jpg" border="0" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5451899086693294818">
Como xa saberedes os incondicionáis e non tanto do mítico MJ, escomenzou hai uns días un musical en Madrid chamado "Forever, King of Pop" no Teatro Lope de Vega. E coma celebración e homenaxe o gran El Corte Inglés fixo unha exposición con cousiñas de varios coleccionistas españóis (¿non te chamaron Erdian?) e eiquí está a proba do delito, je, je. Pinchade e veredes a fotiños.

Espero vos gusten a tod@s.

Apertas.

15.3.10

Porra - liguiña Fórmula 1. Seguimento e resultados

Trala disputa da primeira carreira, xa temos os primeiros puntos e a primeira clasificación.
A modo de exemplo, poño as puntuacións obtidas polo primeiro e último clasificado nesta carreira pra que vexades como vai o tema dos puntos. A partires de próxima carreira somentes porei os puntos totais finais (que cadaquén comprobe se a cousa vai bem).

Así forón as puntuacións:

muller_geceeta
  • ALONSO: 50 (1º clasificado) + 5 (volta rápida) + 5 (rematar a carreira) = 60 puntos
  • SUTIL: 28 (12º clasificado) + 5 (rematar carreira) = 33 puntos
  • DE LA ROSA: 15 (18º clasificado) - 5 (abandono) =10 puntos
  • FERRARI: 60 (Alonso) + 53 (Massa) + 10 (rematar a carreira 2 coches) = 123 puntos
  • FORCE INDIA: 33 (Sutil) + 39 (Liuzzi) + 10 (rematar a carreira 2 coches) = 82 puntos
  • SAUBER: 10 (De la Rosa) -1 (Kobayashi) -10 (abandono 2 coches) = -1
  • TOTAL: 307
GZ_miska
  • ALONSO: 50 (1º clasificado) + 5 (volta rápida) + 5 (rematar a carreira) = 60 puntos
  • KUBICA: 30 (11º clasificado) + 5 (rematar a carreira) = 35 puntos
  • DE LA ROSA: 15 (18º clasificado) - 5 (abandono) =10 puntos
  • RED BULL: 49 (Vettel) + 41 (Webber) + 10 (rematar a carreira 2 coches) = 100 puntos
  • RENAULT: 35 (Kubica) + 1 (Petrov) = 36 puntos
  • SAUBER: 10 (De la Rosa) -1 (Kobayashi) -10 (abandono 2 coches) = -1
  • TOTAL: 240 puntos

Así queda a clasificación provisional despois de 1 carreira:


Queda moito. Non vos confiedes os da parte alta da clasificación, e non vos lamentedes os da parte baixa. Ánimo. Xa queda menos.

Próxima carreira: Gran premio de Australia, o domingo 28 de marzal.

PD: a partires de hoxe publicarei as diferentes puntuacións nos comentarios e irei actualizando a clasificación nesta mesma nova.
PD: decir tamén que as clasificacións de cada carreira seguireina pola páxina oficial da competición www.formula1.com

13.3.10

Porra-liguiña Fórmula 1. Año VI. Seleccións participantes.

Xa está en marcha, e pra que non haxa trampas, nin pufos, nin irregularidades que tanto comentades, vou expoñer de seguido as seleccións que nos foron achegadas.
Despois comentarei algún detalle máis das regras a seguir.

SELECCIÓNS E PARTICIPANTES


Outras cousas:

As equipas participantes pra cada carreira podédesmas achegar por correio electrónico (a miña conta ou a dos gezetas), por mensaxe ou "de boquilla". Eu pra tódalas carreiras, achegarei a miña equipa a algún dos participantes (como xa veño facendo ate o de agora), pra que non empecemos xá a pensar en tongos.

Somentes se poderá trocar a selección de cada quén unha vez en todo o campionato. Cada participante elixirá cando facelo (darase cumprida nota informativa nesta páxina). Poderá facer os cambios que cadaquén estime (por exemplo, unha escudería, unha escudería e dous pilotos, catro pilotos...).
A este respecto haberá unha excepción, e somentes unha, sempre e cando as dúas escuderías dalgún dos grupos, ou os dous pilotos dalgún dos grupos que o participante escollera se retiren da competicición. A modo de exemplo, se alguén tivera no grupo laranxa a Rosberg e Weber, e ambos se retiraran do campionato, éste participante podería escoller dous novos pilotos. O mesmo se alguén tivera no grupo verde a HRT e Virgin, e as dúas escuderías abandonasen o campionato. No resto dos posibles abandonos, non se poderá facer cambio algún a no ser que cadaquén utilice o seu único cambio anual. Coido que queda bem clariño.

Dado que este ano os puntos en cada carreira poden ser elevados, no caso de que algún dos participantes non achegue a súa equipa a tempo (lembrade, ate unha hora antes do comezo da carreira), automáticamente asignaráselle a equipa do gran premio anterior, senón este participante quedará descolgado. Esperemos que esto non sirva pra que algún de vós deixe a porra da primeira carreira pra todo o campionato. Podédela deixar, pero facedeo por que queirades manter a vosa equipa, non por esquecemento ou escusitas varias.

No campeonato habera tres clasificacións: por pilotos, por escuderías e clasificación total (a suma das dúas).

O domingo ou o luns despois de cada gran premio tentarei ir colgando os resultados pra que poidades facer un seguimento.

Penso que esto é todo.
Graciñas por participar e sorte a tod@s.
Éste ano promete.
PD: O domingo a notiña, primeiras clasificacións

5.3.10

Porra-liguiña Fórmula 1. Ano VI

Benqueridos gezetas. A piques está de comezar o grande circo da fórmula 1, e, outra tempada máis, a piques está de comezar a grande porra gz. Este ano chamarémoslle porra-liguiña.

Coma avanzabamos xa a finais da tempada pasada, temos novidades. Desta volta non teremos que pronosticar o podio de cada carreira, senón que cada porrista correra con varios pilotos e escuderias, os cuales, segundo a súa posición na carreira, otorgarán máis ou menos puntos. Parécenos unha "porra" máis dinámica e na que tódolos pilotos contarán, tanto os que loiten pola victoria, coma os que intentan somentes rematar a carreira.

As regras son as que seguen:
  • As escuderías e os pilotos están divididos en 3 grupos (laranxa, amarelo e verde) de 4 (escuderías) ou 8 (pilotos) cada un (este ano temos 12 equipas e 24 pilotos). Os grupos dividíronse polos 4 que en teoría loitan o título, os 4 equipos novos e os 4 restantes.
  • Os grupos e os pilotos son os que seguen:
  • Cada porrista escollerá 2 pilotos e 2 escuderías de cada grupo pra participares na porra-liguiña. Chamarémoslle selección. Os pilotos non teñen porqué ser das escuderías escollidas ou da mesma escudería.
  • Dos escollidos por cada un, elixirá 1 piloto e 1 escudería de cada grupo pra disputar cada grande premio. Chamarémoslle equipo. O piloto non ten porqué pertencer a escudería escollida.
  • Polo tanto, cada participante terá unha selección con 6 escuderías e 6 pilotos, e escollera un equipo pra cada gran premio de 3 escuderías e 3 pilotos.
  • O sistema de puntuación será o que segue, segundo as posicións que ocupen o rematala carreira:
PILOTOS
01º clasificado: 50 ptos
02º clasificado: 48 ptos
03º clasificado: 46 ptos
04º 44
05º 42
06º 40
07º 38
08º 36
09º 34
10º 32
11º 30
12º 28
13º 26
14º 24
15º 22
16º 20
17º 17
18º 15
19º 12
20º 9
21º 6
22º 4
23º 2
24º 0

Haberá un bonus de +5 puntos se o corredor remata a carreira, e de -5 se o corredor ten que abandoar.
Outro bonus de +5 puntos será pro corredor que realice a volta rápida en carreira.

ESCUDERÍAS
Sumaránse os puntos que obtiveran os corredores pertencentes a escudería escollida segundo a puntuación anterior.
Ademáis haberá un bonus de +10 puntos se os dous pilotos da escudería rematan a carreira, e de -10 puntos se ningún piloto de dicha escudería remata a carreira.

  • Durante todo o ano, cada porrista poderá efectuar un só troco de equipo participante, no que podería cambiar a un, dous ou os pilotos e escuderías que precise. Este cambio poderá facerse cando o participante prefira unha vez que remate a primeira carreira.
  • Pra poder participares é preciso que mandedes un correio coa voso selección escollida, lembrade 2 pilotos e 2 escuderías de cada grupo, o meu correio ou o correio gz (gezetas@gmail.com). Despois, pra cada carreira podedes enviar un correio ou unha mensaxe co equipo escollido.
  • O prazo pra enviar a vosa selección é ate o venres 12 de marzo as 23.59 horas.
  • O prazo posterior pra enviar o equipo de cada carreira será ate unha hora antes da disputa de cada gran premio.
Tras cada carreira, irei facendo a clasificación provisional e subireina a esta páxina pra que comprobedes ós vosos pilotos e escuderías.

Penso que é todo polo de agora.
Se tedes algo que comentar, que poda mellorar esta porra-liguiña, ou tedes algunha dúbida, facelo.
Sorte a tod@s e animádevos a participar.