webgz. txalaos do revolt

22.12.09

III Campionato de fubolo

O domingo 27 celebraremos o 3º campionato de fubolo, torneio Vagalume.
Todo listo e case que todo preparado, camisolas, premios e gañas de pasalo bem.
Será, coma así siñala o nome do torneio, no vagalume contra as 7 da tarde.

As parellas xa foron sorteadas nun sorteo limpo feito a altas horas da madrugada coa presenza de 4 dos participantes e as fotocopias que fixeron de mans inocentes.

O torneio constará de 2 fases:
  • Na primeira, os equipos, separados en dous grupos, enfrontaranse a modo de liguiña en cada grupo.
  • Na segunda, faranse os cruces pertinentes pra xogar os cuartos de final: (1º do grupo A co 4º do grupo B; 2º do grupo A co 3º do grupo B, e así sucesivamente). Despois as posteriores semifinais e a gran final.
Os grupos quedan como siguen:

GRUPO A
  1. GZ_OKI - GZ_YOWY
  2. GZ_GUDABATEN - MULLER_QURRUTA
  3. GZ_QUIMICO - GZ_ARTISTA
  4. GZ_PASTOR - MULLER_PROCURADORA
GRUPO B
  1. GZ_MISKA - GZ_GUAIS
  2. GZ_JAIONINTZEN - GZ_QURRUTO
  3. MULLER_AL - MULLER_ARTISTA
  4. GZ_LOLAILO - MULLER_BIB
Levaremos control de todo o que suceda e indicaremovos in situ a orde de xogo e quen fará de árbitro de cada partida.
Habera premio pra parella gañadora e a finalista, e tamén pro dianteiro e o porteiro máis goleador.

So queda dicir que agradecémosvos a todos pola vosa participación, e lembrade que o importante é pasalo bem e quedar un rato tod@s xuntos.

Que gane o mellor, ou o menos malo.

9.12.09

Porra Fórmula 1. Ano V

Xa está eiqui, xa chegou. Un clásico da páxina gz: a porra gz de Fórmula 1. E xa van cinco anos.
Como sabedes, isto consiste en achegarnos a porra pra cada carreira despois de que coñezades a grella de saída. A porra consistirá en pronosticar o podio final da carreira e, ademáis, o posto no que quedará o ínclito F. Alonso. Non será válida unha porra que utilice esta artimaña pra poñer dúas veces o posto de Alonso. Se isto acontecera, o posto de Alonso sería eliminado.
O participante que non mande a porra nunha semana, ó igual que o ano pasado, non participará nese gran premio.
Tedes de prazo ate unha hora antes da saída oficial da carreira.
Aquí tedes o calendario de carreiras pra que non vos despistedes:
  • GP Australia: 29 marzal
  • GP Malaysia: 05 abril
  • GP China: 19 abril
  • GP Barheim: 26 abril
  • GP Espanha: 10 maio
  • GP Mónaco: 24 maio
  • GP Turkia: 07 xuño
  • GP Gran Bretaña: 21 xuño
  • GP Alemaña: 12 xullo
  • GP Hungaria: 26 xullo
  • GP Europe: 23 agosto
  • GP Bélxica: 30 agosto
  • GP Italia: 13 setembro
  • GP Singapure: 27 setembro
  • GP Xapón: 04 outubro
  • GP Brazil: 18 outubro
  • GP Abu Dabi: 01 novembro
GZ_oki sae como campión do ano pasado, pero a cousa, vendo a grella da primeira carreira, parece que vai ser interesante.

Sorte, atinade e a por todas.

Clasificación FINAL da porra despois de 17 carreiras:
  • 1. GZ_oki: 20 puntos (1 carreira menos)
  • 2. GZ_lolailo: 16 puntos
  • 3. GZ_miska: 14 puntos
  • 4. GZ_jaionintzen: 11 puntos (1 carreira menos)
  • 5. muller_xarrai: 9 puntos (10 carreiras menos)
  • 6. muller_ geceeta: 8 puntos (9 carreiras menos)
  • 7. GZ_xarrai: 7 puntos (10 carreiras menos)
  • 8. GZ_pastor: 4 puntos (10 carreiras menos)
  • 9. GZ_químico: 3 puntos (14 carreiras menos)

3.12.09

Concerto Marilyn Manson

:pointer; cursor:hand;width: 320px; height: 239px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjlqTuXpGOKTHgB9KfhKiQnXouofypudJPnoE91sw3cfUoTYsA5D07BWxKriS7kXj6PcOwGYiu2hKh5WQAyZjZkUrlkk0HCOjDSbyEtv_MWUN5CFe4NSylHMmLGz0AUA9ba_stN/s320/DSCN7130.JPG" border="0" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5413981008362186450">
Mois boas, estou a piques de acudir ó concerto máis estrano ó que asistirei endexamáis na miña vida. En canto teña documentos gráficos, fareivos partícipes deles.

Apertas

Pois así foi a cousa. Concerto interesante. Non cheguei a ver a tanta xente rara como esperaba, pero estivo ben. Cancións míticas como Sweet Dreams, onde se notou a calor da xente, e Rock'n`roll Nigger.
As cancións do último disco deixan moito que desexar. Non son precisamente para tocar nun concerto.
O són foi correcto, pero o tal Marilyn estivo desganado, sen moita forza, e iso notouse en que o público non vibraba coas cancións. Ademáis, o técnico de luces estivo case que todo o concerto deixándonos cegos cos focos enormes enriba do escenario.

Ó final podo decir que fun a un concerto de Marilyn Manson, e pouco máis. Un tachado máis na gran lista de xente á que ver.

Eiquí vos deixo a reportaxe gráfica.

Saudos a tod@s