webgz. txalaos do revolt

4.11.08

Viaxe ó Angliru. Nunca é tarde...

Expóñovos eiquí a nova que me achegou o gz_pastor pra expoñela nesta páxina. Eu acompañareina cunhas fotos e un video do momento.

A Chegada dos Gz´s Jaio e Xarrai á cidade herculina, marcaba a hora h de partida cara o asalto a montaña máxica. A nosa aventura comezaba exactamente as 17:30 do venres 05 de septembro, o noso destino, o inferno, a exaltación sublime dun deporte reservado para os héroes. Comprobamos por última vez as nosas equipaxes; víveres, bebidas isotónicas, material de campismo,… todo correcto. O camiño estaba iniciado e pronto comezamos a notar a dureza desta viaxe. O sopor dos primeiros kilómetros apoderouse de nos, e certo malestar invadiu o noso ánimo, provocado pola descordinación do equipo de orientación, que descoidou a sua tarefa de comprobación das rutas, o que case da o traste coa viaxe. Grazas a axuda do Lolailo dende a Base, e o magnifico sentido de orientación do Pastor, poidemos atopa-la senda correcta que nos conducíu directamente ata o campamento base.

O noso primeiro contacto coas faldas do Angliru non foi fácil, as forzas de seguridade do estado impedían o acceso a calquera medio de locomoción, ata a zona do campamento 3, o que complicaba tremendamente a nosa misión, obligándonos a afronta-la ascensión dende a base. Tras uns momentos de angustia e indecisión, afrontamos acometa-la subida esa mesma noite, escollendo entre o noso equipaxe o imprescindible para poder rubir lixeiros.

A subida constante pero lenta, debido a falta de aclimatización do Sherpa Canario, non se fixo tan dura como agardábamos e a iso da media noite coroamos por fin, a cima do Angliru. O cansancio facía mella, máis a sensación de ser partes de algo grande, superaba con creces a nosa angustia. As dificultades para respiran pronto se fixeron evidentes debido a altitude, polo que o Jaio preparou as bombonas de oxixeno, coa cantidade xusta de viño e cola, que nos axudou a aclimatarnos rápidamente as novas condicións atmosféricas.

Despois da montaxe das tendas e algo máis recuperados grazas os productos “dopantes”, acudímos ata a verbena, onde varias tribus de astures, moros andalusíes e galaicos, danzaban extasiados, nalgús casos con evidentes síntomas de embriagamento. O fin do día chegaba, máis ao lonxe xa se escoitaban os claríns que anunciaban a chegada da senda ciclista, A Sorte estaba botada.

Sábado 06 de Septembro


espertar na montaña

Erguimonos rápido, pola fresca como mandan os vellos, e tomamos un almorzo sustancioso, para coller forzas de cara o novo día. A presenza nos arredores de tribus Vascuences, incomodábamos, polo que nos mantivemos en todo momento a garda, de cara a repelir calquer posible ataque deste pobo, caracterizado pola sua violencia. A eso das 11:00 reiniciamos a nosa subida ata un lugar que nos permitira disfrutar o máximo do paso da gran caravana ciclista. O Sitio elexido foi a Cueña de les Cabanes, rampas de máis do 20% aseguraban que o espectáculo sería inigualable, e así foi…

as primeiras rampas

habitual refrixerio matutino

campistas galaicos

O Gran Ares anunciaba a presencia inmediata dos grandes gladiadores: A Visión cuasi orgásmica dos primeiros membros do pelotón foi inenarrable, comandados por ese monstruo chamado Contador, foron sucedéndose a contagotas os demáis membros da “grand Boucle”, Valverde, “Purito” Rodríguez, Leipheimer, O gran Carlos Sastre, O Gz. Ezequiel, O duas veces gañador do Campionato do Mundo, Bettini e así ata o último…



21%, case nada

eclosión ciclista

Do resultado non fai falta dicir nada, a etapa gañouna Contador, o que lle supoxo o maillot Ouro que non perdería ata Madrid, convertíndose no quinto corredor en lograr as tres grandes tras, Gimondi, Anquetil, Hinault e o mítico Merckx.

O esforzo do que fan gala estes “gladiadores” é indescriptible, volver a repetir a grandeza deste deporte, a pasta da que están feitoss os corredores, é superfluo. A nosa xornada no Anglirú volveu demostrar unha vez máis o que xa coñecíamos sobradamente os verdadeiros afeicionados a este DEPORTE, (non eses merdas que se apuntaron o carro durante os cinco anos de Indurain, e que agora crítican abertamente cada escándolo de dopaxe dende o salón da sua casa ou diante dunha pantalla de PC.). Que esto non é simplemente unha carreira ciclista, que etapas coma a do Angliru capaz de congregar nas carreteras a máis de 30.000 persoas, é máis que un espectaculo, é historia, unha páxina de heroicidade que non se pode exportar ou copiar a ningún outro deporte e da que tres GZ´s fomos por 2ª vez testigos presenciais.



visita ó inferno

Saúdos Cordiales….

PD: o gz_pastor agarda os vosos comentarios

Porra Fórmula 1. Ano IV. Fin de festa


Pois como os 3 últimos marzais, este finde comeza a tempada de Fórmula 1, coa súa conseguinte porra.
Xa sabedes o que hai que facer: mandar a porra polos medios que coñecedes a algún geceta, pronosticando o podio de cada carreira. Tedes como prazo ate unha hora antes da saída, e como novidade deste ano, o porreiro que non mande a súa porra, queda sen participar nesa carreira (nada de manter a porra da carreira anterior).
Temos por diante 18 emocionantes carreiras e agardamos ter a acollida da tempada pasada na que chegaron a participar ate 12 persoeiros.
GZ_lolailo parte como rival a bater tras revalidar o seu título o ano pasado.
Sorte a tod@s.

Clasificación final despois de 18 carreiras:

1. gz_oki: 18 puntos
2. gz_lolailo: 15 puntos
3. gz_jaionintzen: 13 puntos
4. muller_geceeta: 11 puntos (3 carreiras menos)
4. gz_miska: 11 puntos (1 carreira menos)
6. gz_xarrai: 10 puntos (5 carreiras menos)
6. gz_pastor: 10 puntos (2 carreiras menos)
8. muller_xarrai: 8 puntos (5 carreiras menos)
9. gz_quimico: 7 puntos (5 carreiras menos)


NORABOA ó gz_oki.

GRACIAS a tod@s por participares.

Ate o ano que ven.