webgz. txalaos do revolt

28.6.07

Maná en direito

O pasado venres 22 de xuño, varios gezetas asistimos ó concerto da banda mexicana, Maná, na cidade compostelana.
Algún de nós, fixémola previa o día anterior cun paseo nocturno pola capital galega rememorando tempos pasados de troula na zona vella, nesa cidade que acolleu a algún de nós nos nosos anos de estudio. O anfitrionamento de gz_miska e a muller_geceeta foi impecabel, dende a cea, as doses, o motxo, o camalea e o atlántico, ate o batallitas e o risk dos aneis.
O venres tivo lugar a chegada masiva do resto da expedición cara o concerto. gz_oki, a muller_gezeta, os qurrutos, gz_químico, a procurator, e maís unha psicóloga & friend, foron chegando escalonadamente ate preto das 9.30 da noite. As 10 xa pasadas collimos un bus cara ó monte do gozo, lugar de celebración do evento.

O sitio pareceume espectacular e incríbelmente axeitado pra celebración de concertos de rock. Unha ladeira dun monte, amplo, bello, con visibilidade dende calquera punto, bo son é un so pero: o acceso.
Cando faltaban algúns minutos para as 11 da noite, soaron os primeiros acordes de "Déjame entrar" un dos clásicos da banda e un tema axeitado pra comeza-la festa. "Oye, mi amor", outra que non ía faltar, foi o seguinte tema que comezaba a caldear ó publico congregado, que xa mollaba os seus beizos con cervexas e larios. Dous novos temas do último disco editado por esta banda "Manda una señal" e "Labios compartidos" comenzaban a clarexar o que ía ser o resto do espectáculo: un compendio de baladiñas e temas lentos con moito son, moita paixón pero que deixaba entrever o estilo que fixo triunfar a este grupo mexicano. Un rock feble, fino e melancólico que gusta pero cansa. "Vivir sin aire", "¿Donde jugarán los niños", "Te lloré un río" e "No ha parado de llover" son claros exemplos do que escribo.
Cando levabamos caseque 40 minutos de concerto, o grupo deixou o escenario valeiro pra un dos momentos máis espectaculares da noite. Un sólo de batería en dúas partes de 10 minutos en total. Un crack o meu este. Pura demostración de dominio deste instrumento onde destacaron os ritmos e redobles cheos de velocidade, explosivide e compenetración. Gran manexo dos pedales dobles, os tambores e os platillos. Xa veredes cando me poña eu.
O concerto foi salpicado por algúns temas máis cañeiros coma "Tú me salvaste", "Me vale" ou o archiconocido "Corazón espinado".
Mediado o espectáculo, tivo lugar o momento fanático (por non dicer ñoño) da noite coa subida ó estrado dunha espectadora invitada pra cantar algún dos temas, sentada nun enorme sofá en forma de beizos.
O concerto rematou con outro clásico coma "El muelle de San Blas" e unha orixinal despedida cun canon o revés onde os músicos ían deixando de tocar pra desaparecer nun baúl sito no escenario.
Cando voltaron pros bises tódolos presentes estabamos a esperar ó que realmente fomos ver: "Clavado en un bar" en direito. Increíbel temazo soando na escura noite compostelana. Momento irrepetibel que foi respostado por nos en forma de berros e chimpos sen parar.
Gran espectáculo acompañado de tres pantallas xigantes e efectos especiais destacando o efecto da choiva.
A volta foi o peor. Larga caminata cara ó noso punto de partida pra seguir a xoldra polas rúas de Santiago.
En resumen. Un bo concerto pero algo frouxo de forza e botando de menos un rock máis poderoso.

MANA son: Fher Olvera (voz e guitarra), Ulises Calleros (guitarra), Juan Diago Calleros (baixo) e Álex González (batería)

TRACK LIST: Déjame entrar, Oye mi amor, Manda una señal, Labios compartidos, Vivir sin aire, Bendita tu luz, Falta amor, ¿Dónde jugarán los niños?, Tú me salvaste, sólo de batería, Mariposa traicionera, Tú eres mi religión, Te lloré un río, Reloj cucú, Se me olvidó, Corazón espinado, Me vale, El Rey, No ha parado de llover, El muelle de S. Blas. Bis: Rayando el sol, Clavado en un bar

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2007

13.6.07

Feria da Manzanilla 2007

Coma non, sego co meu interés por coñecer partes do mundo, e desta vez tocou a localidade de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz). O amigo común do GZ_guais e máis eu, o Ito, é natural deste lugar e convidoume a pasar por alí e coñecer a Feria da Manzanilla do 8 ó 10 de xuño. Moi grande, pero grande grande.

A viaxe fíxena con outro amigo común, o Valen, e máis a irmá do Ito, e aloxámonos na casa da familia. A feria é tremendamente grande, e todo o mundo vai moi ben vestido para a ocasión, con traxes de faralaes, as mulleres, e camisa e pantalón, os homes.

Coñecín a tódo-los amigos dos irmáns, e a festa durou ata as 7 da mañá tanto o Venres coma o Sábado.

Somentes dicir que a Manzanilla é o mellor deste mundo, sobor de todo se está fría, pero fría fría.

Eiquí vos deixo as fotos da Feria, e amigos varios. Espero vos guste.

Unha aperta a tod@s.