Concertos máis. "The Who"
Pois sí amigos meus, eiquí andamos outra vez. Pero esta vez non falarei de viaxes, inda que do último que fixen non publiquei nada (enlace viaxe Dinamarca e Suecia). Esta vez toca o concerto do grupo británico The Who deste xoves 17 de maio no Pazo dos Deportes en Madrid.Máis ou menos foron preto de 10.000 persoas as asistentes a este, como definilo, espectacular , inconmesurable concerto. Eu realmente deste grupo non é que o coñecera moito. Pero a medida que avanzaba o concerto coñecía máis cancións.


Escomenzaron Rober Daltrey e Pete Townshen (os dous únicos supervivintes do grupo) con acordes de "I can't explain" e o Pazo púxose en pé. Continuaron con temas coma "The sheeker", e tamén outros do seu último disco "Endless Wire".
E claro, tiña que chegar e chegou, a mítica "Who are You" (banda sonora da serie C.S.I.) . O Pazo víñase abaixo. Todo o mundo en pé, bailando, cantando. Pero non vos podedes creer o que pasou de súpeto. Jodéuselles o sistema de son, e xusto no medio da canción quedaron sen son, foise a luz a toda a xente flipando en cores con ese erro tremendo. Tardaron 10 minutos ata que o arranxaron, pero só por iso non podemos deixar de ver o gran concerto que deron estes míticos homes.
Entre o grupo, a máis de Roger e Pete están tamén outros coma o batería Zak Starkey (fillo do mítico Ringo Star) e o baixo Pino Pallatino (crak das catro cordas). Tamén o irmán de Pete, Simon (segunda güitarra), e o teclista John Bundrick.
Seguindo co concerto chegaron outras cancións coma a mítica "My Generation" ou "Baba O'Riley" (canción da serie House). Vamos que o concerto foi tremendo, e estou de seguro que se o final puidese vir GZ_jaionintzen ía disfrutar do lindo, igual ca min.
Eiquí déixovos o enlace pra que vexades toda-las fotos que saquei (Tremendas).
Unha aperta e ata pronto.
P.D.: O piso de Xixón xa está listo. Firmamos a semana que ven. "Adiós con el corazón, que con..."

