Días de voda. Agora con fotiños
Comezaba a notarse que algo gordo ía acontecer o sábado observando o goteo incesante de emigrantes que retornaban a terra patria, dende o xoves ate o mesmo día do feliz acontecemento (forzando ate o último momento). Estes compañeiros retornaban dende provincias tan dispares coma Madrid, Barcelona, Tenerife, Ourense e A Coruña, por terra e por aire. Faltou que o embaixador dos gezetas no imperio do mal cruzase o charco. Botámoste de menos, gz_gudabaten e sabemos que esta nova non se acercará nin de lonxe ós acontecementos acaecidos, pero esperemos que te podas facer unha idea do que sucedeu.
Os emigrados xunto cos que seguimos afincados no berce dos gezetas, fixemos a primeira quedada para matizar detalles na tarde da véspera do enlace. 19:30 foi a hora sinalada, pero como soe pasar, a puntualidade non é o noso forte, e a xente foi aparecendo a contagotas ate as 21:00 (xuises demisión). Tras unha amena charla e incluso unha breve conversa telefónica co embaixador gezeta en becesda, a sección masculina, reuníuse pra afinar e ensaiar un cántico xa clásico entre nós, HOY AMANECIÓ (algún día o colgaremos nesta páxina pra que o poidades “desfrutar”).
Unha hora máis tarde e plenamente convencidos de que íamos facer o ridículo nunha celebración amenizada polos cantos dunha coral, emplazámonos pro día seguinte: “ás 11 na plaza de España, no kiosko vermello”, onde senón. Algún de nós inda quedou matizando máis detalles a noitiña no centro de reunión gezeta, o Vagalume.O sábado pola mañá a dirección era clara:



Esta bem oki, ti tamén estabas moi guapo

Trala celebración eucarística e despois do “Eu, gz_oki co poder do anel, acéptote a ti muller_gz….”, chegou o momento de cantar: “Hoy amaneció, ha parado de llover….” Ó final non quedou tan mal e os noivos agradecieron o “detalle”. Despois nosa, a irma do gz_oki deixounos en ridículo deleitándonos cun tema impresionantemente bem cantado.

Entre tanto, a nai da curmá do oki, os asiduos á páxina debedes coñecer á curmá porque acompañounos ó festival de ortigueira o pasado ano, botaba en falta a máscota dos gezetas, gz_epito, ou como ela lle chamaba “el muñequito”. Error do que asumo a miña culpa.


Antes de ires ó banquete nupcial chegou o momento fotográfico da tarde. Tódolos convidados posando cos noivos. Desorganización e kaos foi o que máis se escoitou neses momentos, ademáis dunha das frases da boda como “coidado tonito que tapas a gz_lolailo”.


Nós fomos caseque os derradeiros en facela foto e a cara dos noivos era xa un poema. ¡¡Que presión!!


chegou un dos momentos máis emotivos da tarde. Entrada triunfal e brinde dos noivos baixo as notas do Layla de Eric Clapton. Whit a lot of class.






Os noivos tiveron a xenial idea de agasallar ós convidados cunha bolsa de cotillón e montouse a de San Quintín. Serpentiñas, gorriños, globos, matasogras, antifaces, silbatos, narices e collares fixeron que pensaramos que o fin de ano se retrasara ou se adiantara. Berros de ¡feliz navidad!, ¡feliz 2006!, ¡feliz falsedad!, ¡i wanna wish you a merry christmas!, coláronse na sala cando a noite estaba a asomar.





Unha psicóloga, seguida por unha treintena de convidados, demostrou como se baila o máis que coñecido éxito “Time goes by soy loli”.
E ó final de todo, un vello scout prolongou a festa durante 30 minutos máis, deleitándonos con vellos cantares aprendidos en noites de fogata e acampada.

O día seguinte, de relax coa caixa x.
Os noivos todavía descansan na rivera malla. Boa vida carallo. Cónstanos que voltaron sans e salvos; ela máis morena, él máis camarón
Gran día pros gezetas, pros compañeiros e sobor de todo pra nova parella. ¡¡¡¡¡Noraboa GZ’s!!!!!
Os noivos todavía descansan na rivera malla. Boa vida carallo. Cónstanos que voltaron sans e salvos; ela máis morena, él máis camarón

Gran día pros gezetas, pros compañeiros e sobor de todo pra nova parella. ¡¡¡¡¡Noraboa GZ’s!!!!!




PD2: Deíxovos algunha imaxe curiosa de entre as varias que nos achegaron.







PD3: Quero lembrar que temos no noso poder un vídeo de dous currutos en plena danza de apareamento. Témolo a vosa disposición a cambio de un correo o noso email solicitándolo.