webgz. txalaos do revolt

21.9.05

E parece que foi onte

Hoxe a páxina gz cumpre dous anos.
Fai moito que comenzamos esta andadura pola rede e son moitas cousas as que pasaron dende aquel 21.09.03 e das que nos fixemos eco nesta páxina de liberdade, neste foro de opinións, neste punto de encontro, nunha verba, neste o noso lar.
Despois de 90 novas, 183 fotos ou imaxes subidas e 88 comentarios feitos, podemos decir e dicimos que esta páxina sigue viva.
Este pode ser un resumo destes dous anos:
  • moitas viaxes, a lugares coma Porto do Son, Valdomar, Madrid ou Ortigueira;
  • moitos concertos, Sutagar, G3, 12 cuerdas, Coti, Offspring, Medina Azahara, Día D, Europe, Bryan Adams;
  • varios festivais de música, coma os concertos do milenio, o viñarock, o metro rock, o de Ortigueira;
  • moitos acontecementos, como a despedida de solteiro de tonino ou a emigración do guda as américas;
  • deportes varios, coma os campionatos de futbito ou os maratóns dos aneis;
  • sucesos paranormais, coma o poltergeist no vagalume;
  • debates ou concursos que contaron coa vosa participación (nalgún caso), como o debate do deportista máis importante, a porra dos oscars, os vídeos musicáis, a porra da Fórmula 1;
  • festas varias, como a voda de tonino, a celebración curruta en Canido ou a inaguración da casa do gz_guais;
  • as incomparables redes gz;
  • un cambio de páxina;
  • e ate unha ameaza xudicial de demanda contra a páxina.
Seguiremos loitando e desfrutando por dous anos máis (alo menos).

PD: iremos colgando as novas alonxadas na páxina antigua pra que poidades desfrutar da páxina ó completo.

15.9.05

Bathroom break

Outra vez o grande george uvedobre dando a badalada.
Parece ser que na asamblea que se está a celebrar na ONU, o presidente estadounidense mandoulle a seguinte notiña á súa secretaria de estado, a gran Condoleezza.


Primeira sorpresa: ¿este individuo sabe escribir? Eu pensei que era analfabeto. Analicemos o significado da verba.
Analfabeto
: Persoa que non sabe ler nin escribir.
Ler non ten moita idea, senón vexamos a seguinte imaxe:


Primeira dúbida: ¿Será verdade que o escribiu él soiño? Quizáis algún dos seus secuaces estivera agochado ou agachado a súa beira pra escribirlle estas cousas tan importantes.


Segunda sorpresa: Unha pausa neses intres da reunión diante de toda a asamblea xeral da ONU ten que ser pra algo moi importante. Analicemos o contido da mensaxe.
Penso que necesito unha pausa pra ir ó cuarto de baño. ¿É posibel?

Segunda dúbida
: ¿"Penso"? ¡¡¡Pero qué carallo!!!; cando queres mexar non pensas que queres mexar, queres mexar e punto. Ademáis, ¿este tío pensa ou ten a cabeza pra levar a gorra cando vai pescar? Despois de ler as seguintes frases do personaxe en cuestión, non quedará lugar a dúbidas:
  • "No es la contaminación la que amenaza el medio ambiente, sino la impureza del agua y del aire"
  • "El futuro será mejor mañana"
  • "Un número bajo de votantes es una indicación de que menos personas estan yendo a votar"
  • "Nosotros estamos preparados ante cualquier imprevisto que pueda ocurrir o no"
  • "Sé que los seres humanos y los peces podrán coexistir en paz"
  • "Para la NASA, el espacio aún es alta prioridad"
  • "La gran mayoría de nuestar importaciones vienen de fuera del pais"
Terceira dúbida: "¿É posibel?" ¿Dende cando o presidente dos USA ten que pedir permiso a ninguén pra facer o que lle pete? Quizáis non teña iniciativa propia; nunca se sabe.

Cuarta dúbida: A frase en xeral e unha inmensa dúbida: ¿qué pretende ser esa "bathroom break"? Intentarei dar varias opcións:

  1. Que sexa a típica mexada despois de varias cervexas (ou Larios, según sexa o caso).
  2. Que sexa un apretón inoportuno deses de cagarse nos pantalóns.
  3. Que o secuaz que estaba agochado ou agachado, pasárase neso de facerlle a pelota, e pasara xa a chuparlle-la p...., e G.W.Bush tivera a necesidade imperiosa de eyacular, e claro, na sala principal das nacións unidas non é plan.
  4. Que a notiña destinada a Condoleezza tivera unha mensaxe subliminal escrita, e o que realmente quixera fora botarlle por enriba dela unha choiva dourada, e, obviamente, o baño e o mellor sitio pra discreción.
Deixo a vosa imaxinación outras opcións pra esta mensaxe.

O que esta claro e que este tipo moitas luces non ten...


... ate incluso na television o tildan como un dos peores desastres que asola EEUU (o que fan ponerlle ou non unhas oportunas comillas a un texto)...


...pero lamentablemente estamos nas súas mans.


Coidadevos compañeiros

12.9.05

Festa na nova casa do GZ_guais

Hola amigos todos, non teño máis que dicir que a Festa foi o sábado día 10 de setembro, e que os que non estivéchedes non podedes saber o que foi aquelo.

As imáxes falan por sí soas.

Unha aperta dende os Madriles.







































1.9.05

GZs de Neón

Benqueridos Gezetas, eiquí vos deixo unhas fotos que espero vos gusten moito.
Somos de Cores, somos de Neón.
O final hai sorpresa!!!!


E agora a sorpresa que estabades esperando:

A nova película que baterá records de aundiencia sobor de todo en Galiza. A película do Revolt, próximamente nos mellores cines, vede, vede:



Esperando o preestreo deixo un saudo a todos.