webgz. txalaos do revolt

20.7.05

Pereirazo na galia


o gran oscar pereiro convertiuse onte no primeiro gz en conquerir unha etapa na ronda gala. dende aquí a nosa noraboa.

este ciclista mosense non deixa de sorprendernos. o ano pasado xa foi a revelación da carreira francesa (últimamente moi monótona e iankinizada primeiro co usepostal e agora co discovery chanel), conquerindo o décimo posto na clasificación final. este ano amáis de ser o ciclista máis combativo (leva o dorsal en vermello pra demostralo), colleu escapadas en tódalas etapas de montaña tanto de alpes coma de pirineos. e pra rematar, cubriuse de gloria na 16ª etapa finalizada en pau. estamos seguros de que dende hoxe ate o domingo algunha sorpresa máis nos dará.
dende aquí irémolo contando.
¡¡¡¡ánimo gz_pereiro!!!! ere-lo noso campión

11.7.05

Ortigueria 2005

os gezetas xa pasamos por Ortigueira, ou máis ben Ortigueira pasou por riba de nós.
tras un fin de semana de puro espírito da filosofía bacanal galaica, comer, beber, saltar e bailar sempre que se poda, with two eggs, voltamos a monotonía habitual.

muxindo o tintorro

Ortigueira é un lugar que neste festival eleva a enésima potencia á súa poboación. non sabemos a xente que estivo estes días no festival, pero se calculamos que nos concertos habería unhas 15000 persoas, e que só asisten os concertos un 20% da xente que ate alí se achega, faremos unha idea no persoal de tódolas razas e tribus existentes que alí nos congregamos.

ortigueira petao

deixovos un par de probas máis da nosa presencia alí pra que os deleitedes, ate que nos chegue a crónica do festival que será feito polo gz_pastor esperamos que en breve.

lobisome folklóriko
without females verbs

¿oki scout?

lunasa martxosos

saudos a tos.

2.7.05

O teu espíritu está con nós ¡caracól!

Dende hoxe po-la mañanciña o espíritu do pirixil (perejil) chegou a miña casa, nos madriles.

Temo-las irrefutables probas que o demostran. Verificadas po-lo noso xuis curruto.

Vexámo-las