webgz. txalaos do revolt

11.3.13

Porra Fórmula 1. Ano IX

Novamente a porra.
Similares regras que o ano pasado.

22 pilotos, 11 equipas e 19 circuitos. Todos contamos con todos eles para chegar a ser o mellor nesta novena edición.

Repetimos as regras básicas:
  1. Hai 19 carreiras
  2. Todos corremos con todos, pero somentes unha vez con cada piloto ou dúas con cada escudería
  3. Para cada carreira se escollerá un piloto dos 22 participantes coa única salvedade que ese piloto escollido xa non se poderá escoller en todo o que resta de campionato
  4. Para cada carreira se escollerá unha escudería coa única salvedade que esa escudería (xa que hai menos escuderías que carreiras) so poderá escollerse unha vez máis ó longo do todo o campionato. Lembrade que tedes que utilizar tódalas escuderías a lo menos unha vez
  5. Pode darse o caso que na mesma carreira, dous ou máis porristas escollan a mesma porra, pero un mesmo porrista non poderá repetir o piloto escollido durante o ano e somentes unha vez a escudería
  6. Aquel porrista que non envíe a porra nunha semana, asignaráselle o piloto escollido polo porrista que acadara nesa xornada máis puntos no piloto. O mesmo no caso da escudería. No caso de que esa opción xa fora escollida polo porrista noutra carreira, asignaráselle a do seguinte en puntuación. No caso de que tódalas opcións desa semana xa foran escollidas polo porrista ausente, asignaráselle o peor piloto e a peor escudería desa xornada que non fora xa escollida
  7. Sistema de puntuacións, similar ó do ano pasado. Os pilotos sumarán o mesmo número de puntos que a posición na que rematen a carreira. As escuderías sumarán os puntos dos pilotos seguindo a puntuación mencionada
  8. O que menos puntos obteña ó rematar o campionato será o vencedor da porra
  9. As porras, coma sempre, achegadeas polos medios que coñecedes como máximo até unha hora antes de cada carreira. Este ano, aceptamos whatsapp
  10. Listado de pilotos. Listado de escuderías. Listado de carreiras e datas
Espero que estea todo clariño.
Comezamos este domingo