Espanha perrea - spain is diferent
Como bem tod@s saberedes xa, e @ que inda non teña nova de tal cousa non sei en que pais vive, Rodolfo Chikilicuatre, co seu tema El baile del Chikichiki, será o representante de espanha na vindeira gala do Festival de Eurovisión que terá cita na cidade de Belgrado o 24 de maio próximo.
Aquí vos deixo a actuación de Rodolfo e as súas bailarinas na gala da tve.
Que grande o tipo este. Como sempre habera partidarios e detractores, pero levar algo diferente sempre é positivo. A xente fará comentarios de todo tipo, pero o día 25 de maio tod@s preguntarán: ¿en que posto quedou onte o chikichiki? (se é que non se plantaron diante do seu televisor a velo, que habera moitos que o negarán).
Deíxovos aquí tamén o vídeo da actuación final con tódolos participantes perreando con Rodolfo, con esta canción que, pro meu entender, so pretende facer unha crítica a este estilo de música, que como saberedes, non é que sexa da miña devoción. As veces o humor é o que queda.
Aquí vos deixo a actuación de Rodolfo e as súas bailarinas na gala da tve.
Deíxovos aquí tamén o vídeo da actuación final con tódolos participantes perreando con Rodolfo, con esta canción que, pro meu entender, so pretende facer unha crítica a este estilo de música, que como saberedes, non é que sexa da miña devoción. As veces o humor é o que queda.
Pra rematar dicir que outros paises, coma Irlanda, tamén son uns cachondos de carallo e levan ó pavo Dustin coma o seu representante, co tema Irelande douze pointes.
Este ano cando vexa a gala, non sei se o televisor estará a dar o Festival de Eurovisión ou o Festival de playbacks do noso benquerido colexio, inda que éste tiña moita máis clase.
A pasalo bem.
A pasalo bem.