webgz. txalaos do revolt

19.2.08

PORRA OSCARS 2008 con resultados

Sen que sirva de precedente, e sen querer pisar o gran traballo do GZ_jaio nesta páxina, e tamén sen querer quitar traballo ó GZ_oki, que estaba a piques de facer este artigo, ofrecémosvos a posibilidade de participar na porra dos Oscars deste ano.

Sinxelo. Baíxate o arquivo de "megaupload", cubreo cos teus pronósticos e reenvíanolo ó noso correio gezetas@gmail.com.

Este ano as porras son gratis, pero limitamos o número de porras por participante a 3. Se queredes pagar 1 euro, ninguén vai dicir nada, e así poderase mercar algo para o gañador ou gañadora.

Aceptaranse porras enviadas ate o domingo 24 de febreiro ás 23.59 horas. O luns colgarase un arquivo onde poder comprobar as porras enviadas e os resultados da ceremonia.

Sorte.

Pois eiquí están as vosas votacións. Recibidas 9, inda que o GZ_Oki e o GZ_Lolailo fixeron dúas.

Unha gran participación, sen dúbida algunha.

E agora o resultado:

Nesta edición temos un gran empate a 7 acertos entre o GZ_Oki e o GZ_Xarrai. Penso que non cabe facer gañador a un dos dous, xa que non acertaron un o Guión Orixinal e o outro a Película de Fala non Inglesa. Vos qué pensades, eu considero o empate no podium correcto.

Así que nada máis que darlle a noraboa ós vencedores e agradecer a todos a vosa participación.

Ata o ano que ven. Unha aperta.

P.D.: as miñas votación non as enviei, máis que nada porque xa as tiña no meu poder. Ademáis, como vedes non tiven nada que facer. Lamentabel.