webgz. txalaos do revolt

20.1.04

aparte do revolt, os GZs temos máis vicios

MARATÓN ANEIS!!!!!!

pois si, compañeiros revoltianos. o sábado día 10 de xaneiro os GZs participaron nunha maratón. para que logo digan que non estamos en forma.

ás 11:30am, GZ_jaionintzen e GZ_Oki comezaban o que ía ser unha longa travesía a través da terra media. na compaña de varios hobbits, elfos, ananos, magos e homes (case todos con lixeiras tendencias homosexuais ), atravesamo-la comarca, durmimos na posada do poney pisador, visitamos rivendel, pasamos polas minas de moria, deixamos lorien, coñecimos ós ents, loitamos no abismo de helm, cruzamos gondor e achegámonos ata as portas de mordor.

foi una longa travesía de máis de 10 horas. as dúas primeras partes da viaxe foron extendidas e a derradeira en pantalla grande.

cando os hobbits tomaron a cabeza da carreira e separáronse do resto do pelotón, GZ_Gudabaten e GZ_Miska sumáronse á carreira (coma sempre, tarde e dopados). cando voltamos de novo á comarca, ás 23:30h, só víamos orcos por todos lados, provocado posiblemente polo cansancio do duro traxecto.

ó final do día os GZs festexamos esta gran carreira cun tentempié no centro de reunión GZ, o vagalume. un día longo que mereceu a pena.

é meu, só meu, o meu tesssssssssssssoro

légolas gay, tremendo maratón

a nosa mascota ten novos compañeiros

melchor, gaspar e baltasar lembráronse del

presentámosvos ós novos amigos do GZ_epito, a nosa mascota. chámanse orcón e orquilla. estámolos adestrando para velos cedo en boa forma. manterémosvos informados.

por certo, ¿será isto unha premonición de futuro? ¿significará isto que orca_rc aceptará a oferta de fichaxe dos GZs? se isto chega a ocurrir, ¿cál será a postura do "xefe" rst_rc? ¿contratacará cunha contraoferta ou tentará levar unha estrela GZ? ¿aguantará a presión de ver que o seu clan vaise a pique?.

terémosvos informados puntualmente dos futuros acontecementos

órdago á orca