webgz. txalaos do revolt

11.3.13

Porra Fórmula 1. Ano IX

Novamente a porra.
Similares regras que o ano pasado.

22 pilotos, 11 equipas e 19 circuitos. Todos contamos con todos eles para chegar a ser o mellor nesta novena edición.

Repetimos as regras básicas:
  1. Hai 19 carreiras
  2. Todos corremos con todos, pero somentes unha vez con cada piloto ou dúas con cada escudería
  3. Para cada carreira se escollerá un piloto dos 22 participantes coa única salvedade que ese piloto escollido xa non se poderá escoller en todo o que resta de campionato
  4. Para cada carreira se escollerá unha escudería coa única salvedade que esa escudería (xa que hai menos escuderías que carreiras) so poderá escollerse unha vez máis ó longo do todo o campionato. Lembrade que tedes que utilizar tódalas escuderías a lo menos unha vez
  5. Pode darse o caso que na mesma carreira, dous ou máis porristas escollan a mesma porra, pero un mesmo porrista non poderá repetir o piloto escollido durante o ano e somentes unha vez a escudería
  6. Aquel porrista que non envíe a porra nunha semana, asignaráselle o piloto escollido polo porrista que acadara nesa xornada máis puntos no piloto. O mesmo no caso da escudería. No caso de que esa opción xa fora escollida polo porrista noutra carreira, asignaráselle a do seguinte en puntuación. No caso de que tódalas opcións desa semana xa foran escollidas polo porrista ausente, asignaráselle o peor piloto e a peor escudería desa xornada que non fora xa escollida
  7. Sistema de puntuacións, similar ó do ano pasado. Os pilotos sumarán o mesmo número de puntos que a posición na que rematen a carreira. As escuderías sumarán os puntos dos pilotos seguindo a puntuación mencionada
  8. O que menos puntos obteña ó rematar o campionato será o vencedor da porra
  9. As porras, coma sempre, achegadeas polos medios que coñecedes como máximo até unha hora antes de cada carreira. Este ano, aceptamos whatsapp
  10. Listado de pilotos. Listado de escuderías. Listado de carreiras e datas
Espero que estea todo clariño.
Comezamos este domingo

18.4.12

Porra Fórmula 1. Ano VIII (actualización GP de China)

Xa estamos de novo. Os asiduos á porra da fórmula 1 xa o tedes aquí. Este ano, coma case sempre, con novidades.

24 pilotos, 12 equipas e 20 circuitos. Todos contamos con todos eles para chegar a ser o mellor porrista da oitava edición.

Reglas sinxelas:
  1. Hay 20 carreiras
  2. Todos corremos con todos, pero somentes unha vez con cada piloto ou dúas con cada escudería
  3. Para cada carreira se escollerá un piloto dos 24 participantes coa única salvedade que ese piloto escollido xa non se poderá escoller en todo o que resta de campionato
  4. Para cada carreira se escollerá unha escudería coa única salvedade que esa escudería (xa que hai menos escuderías que carreiras) so poderá escollerse unha vez máis ó longo do todo o campionato. Lembrade que tedes que utilizar tódalas escuderías a lo menos unha vez
  5. Pode darse o caso que na mesma carreira, dous ou máis porristas escollan a mesma porra, pero un mesmo porrista non poderá repetir o piloto escollido durante o ano e somentes unha vez a escudería
  6. Aquel porrista que non envíe a porra nunha semana, asignaráselle o piloto escollido polo porrista que acadara nesa xornada máis puntos no piloto. O mesmo no caso da escudería. No caso de que esa opción xa fora escollida polo porrista noutra carreira, asignaráselle a do seguinte en puntuación. No caso de que tódalas opcións desa semana xa foran escollidas polo porrista ausente, asignaráselle o peor piloto e a peor escudería desa xornada que non fora xa escollida
  7. Sistema de puntuacións, similar ó do ano pasado. Os pilotos sumarán o mesmo número de puntos que a posición na que rematen a carreira. As escuderías sumarán os puntos dos pilotos seguindo a puntuación mencionada
  8. O que menos puntos obteña ó rematar o campionato será o vencedor da porra
  9. As porras, coma sempre, achegadeas polos medios que coñecedes como máximo até unha hora antes de cada carreira.
  10. Listado de pilotos. Listado de escuderías. Listado de carreiras
Espero que estea todo clariño.

CLASIFICACIÓN PROVISIONAL (despois de 3 carreiras)

:pointer; cursor:hand;width: 320px; height: 193px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh_RM4AN-iRKp_LzLzm1RzFRiYPbK-P1dWjkdlAfN3mhyphenhyphenzqTp63jnvMeqyySjWAwMbtJ-2F3oheN_VIcm4SE-FrXARTXU2Ufjkv8G_1J9bjdzJ7x987hF-OK-5BbKsKoynC1y2R/s320/03+-+China.jpg" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5732642349081791314" border="0">
PILOTOS E ESCUDERIAS QUE XA NON PODES UTILIZAR

:pointer; cursor:hand;width: 320px; height: 255px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjIFgd8XazUTMA-KeYY0F_lNGL9rQtA1RSigIfsWqwPd46YkNF-uK7sQ5FgocSRBSHa-IerCLvYwbBV-ksAkJEEx3_HFwhwHdVN7n6YudPdNRn2hzdKqs7AYJaQWbGcwsPRn1Et/s320/03+-+China.jpg" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5732642126408464834" border="0">
PD: Go Kimi go!!!
PD2: Próxima carreira, GP de Bahrain, domingo 22 de abril.

5.2.12

PORRA OSCARS 2012

:pointer; cursor:hand;width: 400px; height: 255px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgEWCJCQ1FPY2v_w6xR2euDZkpDV8chmKLz4yjqDKwtf871jZz7kJEw8Fi1Ybq1uPPyamuo29yaB22GWpsiNankfhWteHVIydeJxBJYpv05_RPSJGvHZ48xwqOyx1RiuWzDvtCX/s400/Oscars-Academy-Award-2012.jpg" border="0" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5705670662859014370">

Hola a tod@s. Aquí tedes outro ano máis a porra dos Oscars, na que posiblemente se vexan unhas cantas sorpresas, xa que case que a metade dos filmes están todavía sen se estrear, e posiblemente teñan moito que decir na porra final.

Aquí vai a porra. É un arquivo excell. Xa sabedes que cando a teñades deberédela enviar ao correo electrónico dos gezetas: gezetas@gmail.com

Espero que participedes, e non ocorra como o ano pasado que soamente tres persoas participamos.

Apertas, e sorte a tod@s.



Pois aquí están os resultados da porra. Este ano participamos un pouquiño máis, ainda que queda lonxe dos principios. Velaquí as votacións. En verde os acertos, e xusto o carón do nome de cada un o número total de acertos.

:pointer; cursor:hand;width: 400px; height: 153px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj2UC9e8LpOF13HSCNdlkFPq_sMBarvm72rrRCOEAt6tD-Spt3_HmoAeZUQS_WF-gMZAhjxqfkjGTYdSAP41fhdrXFiV8gXYE1CRzBfpGgcJfL5GG4Fb2C2DVoVWMdN41RfmBcg/s400/Votaci%25C3%25B3ns+Porra+Oscars+2012.png" border="0" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5715723521231775154">

Parabéns para a Muller Geceeta. Un ano deste alguén fará un pleno, pero polo de agora 8 é o máximo. Correcto.

Moitas gracias a tod@s. Apertas mil

27.11.11

Porra Fórmula 1. Ano VII


Outro ano máis. E van 7.

Sen as complicacións, para algúns, do ano pasado, este ano faremo-la cousa máis sinxela.
Non teremos unha equipa preelexida cada un. Pra cada semana se escolle un piloto e unha escudería, coa única regra de que o piloto terá que ser dunha escudería diferente á escollida.
Doado. Para cada proba, coma sempre até unha hora antes do inicio da carreira, o porrista escollerá un piloto e unha escudería (diferente á do piloto).

Sistema de puntuación:
  • Pilotos: Sumarán tantos puntos como o posto no que quede na carreira. Se queda primeiro, sumará 1; se queda quinto, sumará 5.
  • Escuderías: Sumará tantos puntos como a suma dos postos dos pilotos integrantes. Se quedan 2º e 8º, sumará 10 puntos
  • Total: sumarase os puntos de cada un dos aspectos anteriores.
O final do campionato, o porrista que teña menos puntos será o campión.
Irei poñendo a clasificación provisional.
O resultado da carreira será o que indique a páxina oficial.
Aquel porrista que non mande a porra nunha semana, collerá a porra enviada a semana anterior, pero a ver se vos involucrades un pouco.

CLASIFICACIÓN DEFINITIVA (despois de 19 carreiras)

16.3.11

PORRA OSCARS 2011

:pointer; cursor:hand;width: 268px; height: 188px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhh8eOEr8n_t08_43oC901zhLRL9JVNc0duZdAZhmV7fCFwPkzJcOxxUa1N3Ox1repKVj7k8K-0nAE4Un6V-Vq-TREnccWhwFIfWHyYxj3WsyTpyugcFNTrLk6yiUpb24rzeOq7/s400/Oscars+2011.jpg" border="0" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5575463120623002114">

Pois xa estamos eiquí outra vez. Un pouco tarde, xa o sei, pero inda temos 8 días para facer os nosos pronósticos.

Pois eiquí está a porra. Desta vez está un pouco máis currada. Nun arquivo excel. Podédelo baixar de Easy-Share eiquí mesmo. Baixades un pouco e seleccionades "Regular Download".

Tamén mandarei un correio para acelerar un pouco máis todo isto.

Espero que participedes.

Apertas, e sorte a tod@s.
_________________________

Pois ben, despois de quedar bastante decepcionado polo índice de participación na porra desde ano, eiquí van as votacións realizadas:

:pointer; cursor:hand;width: 400px; height: 92px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiVb6aUov0AjVEGJBEX0fGpB53IPzAQYfBDKHZJH8TS-11-abi7PKnvi_mRo5PzwTDUFtLkLbzUJ4oxxBJCkj23vD8a5Zk8bdxdUUOxFgZrH7KAefc_tMGgjzk1zsyvwCx1h5Ye/s400/Porras.bmp" border="0" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5584718546694050098">


e eiquí o resultado final:

:pointer; cursor:hand;width: 400px; height: 100px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjSJ3kvhcbugjKbl0OGSGAvUulsV9-DOUjWrYwtCJ94jD_RIdyshKda6KLsWpCnHgw67FZo1w2sNVRR3Rj5Myba9G2fq2XZl6B-YTejOnv5UQsTppmNtQpFtt3FdA1VCmoW_jf0/s400/Resultado+porra.bmp" border="0" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5584718736894236690">


Non queda máis que decir que noraboa a GZ_pastor, que no derradeiro intre atopou a combinación gañadora, con 8 acertos sobor de 10. Que grande o GZ_pastor.

Ben, ata eiquí...

Apertas a tod@s. Vémonos pronto.

Aburiño

30.1.11

IV campionato gz de fubolo. Miki e Marice campións

No pasado Nadal, celebramos o 4º campionato gz de fubolo que xa se está a converter nunha tradición.
Moita presión antes do comezo e alegrías e desilusións no remate.
Novamente os participantes, tralo sorteio inicial celebrado in situ, dividíronse en dous grupos:

GRUPO A

gz_oki
gz_lolailo




gz_artista
muller_procuradora



gz_químico
bibs




gz_yowi
masé





GRUPO B

gz_miska
tonino


miki
marice




gz_gudabaten
muller_al




gz_jaionintzen
gz_pastor




Unha liguiña entre os participantes de cada grupo, ía dilucidar os cruces da segunda fase. Todos pasaban, pero tiñase que buscar unha boa posición no grupo pra evitar os rivais máis fortes do outro grupo. Os grupos quedaron como segue:


Cruces a vida ou morte. Así foi a fase final. Un erro e pra casa. Quedou da seguinte maneira.


E así quedou a clasificación final.


Lista de premiados:
  • gañador da porra de fórmula 1
  • porteiro menos goleado
  • porteiro máximo goleador
  • dianteiro máis goleador
  • finalistas
  • campións
  • tódolos premiados


E ademáis algunhas fotos máis do evento.

sentindo ás cores

os do último bodorrio

todo en marcha

partida final

a celebralo

fin de festa

Graciñas a tod@s os que poideches estar; e ós que non, sabedes que no Nadal do 2011 celebraremos o 5º campionato.
Gracias ó gz_químico polo seu sempre inmenso traballo fotográfico.
Como tirón de orellas, dicirvos que, pro ano, a ver se concretamos mellor e antes o da participación pra non estares até o último día con cambios.
A coidarse

26.1.11

4636228756

:pointer; cursor:hand;width: 400px; height: 300px;" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhPe4uVOcLcLshSSrqaGaoxd4l6rq4XY268qqXqrmm2OyKHRVI9dgxOjv3RKg_Qd-FUb3GC_6atq7-f4W3rrzHcHaVWPZZWfMw9amy5FMBYx8Vv53CmxfYo3cM6jGhNus04lqGG/s400/4636228756.jpg" border="0" alt="" id="BLOGGER_PHOTO_ID_5566853621196625410">


Esta foto va dirigida para el programa del crack Buenafuente, que no sé de donde sacan las ideas, pero que son muy divertidas, je, je, je. Hay que llamarla 4636228756, así que yo repito el número por si así sale más fácil en el google 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756

Si funciona, pues me parto, je, je, je.

Etiquetas: ,

21.12.10

Porra - liguiña Fórmula 1. Resultado final. GZ_lolailo campión!!

A clasificación final despois de todo o campionato foi como segue:

clasificación final

clasificación de pilotos

clasificación de escuderías

progresión durante todo o campionato


Graciñas a tod@s por participares e en especial a GZ_lolailo pola súa victoria. Mantívose firme nas derradeiras 4 carreiras e nin o GZ_xarrai nin a muller_geceeta foron quen de collelo.
Continuaremos pro campionato do 2011.
Ate entón, a coidarse.

26.11.10

PORRA MUNDIAL 2010. Clasificación. GZ_guais campión

Inda que máis tarde que pronto, deíxovos a continuación a clasificación final da porra do mundial feita xa varios meses atrás.
GZ_guais conqueriu o premio que lle será entregado (zecáis), na celebración do IV campionato de fubolo que xa estamos a organizar.
Graciñas por participares e deíxovos aquí as porras de tódolos participantes, así coma a clasificación final.
A coidarse.

clasificación final

porra gz_guais

porra muller_bibs

porra gz_miska

porra gz_pastor

porra muller_geceeta

porra gz_jaionintzen

porra gz_lolailo

porra gz_rua

10.6.10

PORRA MUNDIAL DE FUTEBOL SUDÁFRICA 2010

Tralo éxitu tutal que está a ter a porra da fórmula 1, xa temos unha nova porra en marcha. A porra do mundial de futebol.
Sinxelo. Baixate á porra, cúbrea e envíanola o correio. Tes que indicar como quedará cada grupo trala primeira fase, e pronosticar os cuartos, semifináis e a final. Tamén o gañador e o terceiro posto.
Non custa un pataco (xa que, se custara algo ninguén participaría), somentes 3 minutos pra cubrila. Podemos pensar en agasallar ó gañador cunha pelota.
Mañá porei o sistema de puntuación.
Inda que comeza mañá o mundial, o prazo pra manda-la porra é ate o domingo, pero se podedes mandádea entre hoxe e mañá (mandareivos un correio).
Sorte a todos.
Que vaia bem.